Curso de fin de semana no que nos achegaremos ao coñecemento e adestramento da voz, utilizando a respiración, a emisión da voz e a articulación da palabra.

A través da exploración da flexibilidade, expresión e capacidade de comunicación da nosa voz, procuraremos  un óptimo rendemento da mesma, como instrumento, para, finalmente, aplicar a técnica vocal a un pequeno traballo práctico de cada participante ao curso.

Na primeira parte do curso, daremos prioridade ao estudio da respiración e dos seus apoios musculares e a emisión vocal, para un mellor coñecemento do alumnado da súa capacidade vocal.

Logo centrarémonos no son, na súa resonancia e articulación, facendo un traballo práctico e individual segundo as necesidades suxeridas durante a sesión.

Remataremos cunha práctica oral.

O curso vai destinado a: todo tipo de persoas que queiran coñecer e mellorar o uso da súa voz.

Obxectivos:

  1. Reforzar a identidade vocal
  2. Aumentar a dispoñibilidade física e vocal, ao fin de liberar e canalizar a voz e a creatividade da mesma

Contidos:

  1. A preparación física para a emisión da voz
  2. O acto da respiración. A súa exercitación.
  3. O adestramento vocal:
  • A emisión.
  • A dicción.

4. Traballo práctico exercitando a expresión oral.

A docente: Cristina Domínguez.

Datas e horarios:

Sábado 16 de marzo de 10 a 14h e de 16 a 20h e Domingo 17 de marzo de 10 a 14h

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies