NO COMEZO DAS VACACIÓNS SUMÉRXETE NAS ARTES ESCÉNICAS!

CURSO DE MAXIA CO MAGO RAFA!

A Maxia fascina á humanidade dende o principio dos tempos. Antes da ciencia ficción, da realidade virtual, dos videoxogos ou de Internet, os Magos foron os precursores do que hoxe coñecemos como “efectos especiais”. Os ilusionistas teñen a capacidade de construír un universo paralelo cheo de infinitas posibilidades e que enfrontan,  incluso, as leis da natureza.

Con este obradoiro de Iniciación aprenderemos sen dificultade, da man do Mago Rafa, unha infinidade de xogos e efectos máxicos das diferentes categorías de Maxia.

DATAS:
25, 26 e 27 de xuño

CURSO DE INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA COA LANTERNA MÁXICA!

Queres coñecer o mundo do cine por dentro? Entón este é o teu obradoiro! Coa Lanterna Máxica poderás ser actriz ou actor, deixar voa a túa imaxinación e facer realidade novos mundos nos que todo é posible. Chegou o momento de xogar coa imaxe e atreverse a facer un filme. Tres, dous, un, cámara… acción!

DATAS:
27, 28 e 29 de xuño

CURSO DE ESCRITA TEATRAL CON ERNESTO IS!

Desenvolver a creatividade no papel. A través do texto (palabras e movementos) deseñamos mundos e xeramos situacións coas diferentes ferramentas da escrita dramática: personaxes, tempo e espazo, conflito, obxectivos… Ao igual que fixo o crocodilo de Peter Pan, escribiremos teatro coma se papan reloxos: sen preguntarnos o por que, libremente, e cunha ansia e un apetito voraz; coa única finalidade de pasalo ben mentres deformamos o tempo sobre o papel.

DATAS:
4, 5 e 6 de xullo

MÁIS INFO E INSCRICIÓNS:
hola@itacaartesescenicas.es
635 852 267

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies