En novembro teremos a Iker Gómez, coreógrafo, docente, videocreador e con compañía propia impartindo o intensivo Teatro Físico en Ítaca Artes Escénicas.

Un fin de semana para achegarte á metodoloxía de entrenamento que aplica na súa compañía. Buscarase a eliminación dos límites a través da búsqueda e exploración do Talento de cada un. Traballaranse aspectos propios do movemento como as 4 dinámicas da enerxía, traballo de chan, práctica do movemento acción, movemento emoción, movemento orgánico, movemento xesto… o corpo sentido, o corpo imaxe e o corpo anatómico…, metodoloxía de dúos, desenvolvemento da intuición de movemento e da espontaneidade creativa.

Horario:
Sábado 3 de novembro de 12 a 14h e de 16 a 20h
Domingo 4 de novembro de 10 a 14h.

Prezo:
Ata o 24 de outubro: 80€
A partir do 24 de outubro: 100€

Máis info e inscricións:
hola@itacaartesescenicas.com
635 852 267
R/ Doutor Gasalla 18. Lugo

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies